Mancomún

Virtaal: ferramenta gráfica para a tradución de aplicativos informáticos

Luns, 23 Febreiro 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/virtaal_logo.pngVirtaal é unha ferramenta gráfica para a tradución de aplicativos informáticos (l10n ou localización). As persoas desenvolvedoras da ferramenta puxeron a súa énfase en crear un aplicativo sinxelo de usar, pero ao mesmo tempo potente.

Virtaal baséase na potente API de Translate Toolkit (do que anteriormente xa tiñamos falado en Mancomún). O nome da aplicación provén dun xogo de palabras africanas que significa “para o idioma”; máis tamén se refire á tradución.

Nas seguintes ligazóns podedes atopar unha serie de capturas de pantalla e tamén un “screencast” onde se poden ver algunhas das súas funcionalidades.

Algunhas das características máis destacábeis de Virtaal son…

  • Compatíbel coa maioría dos formatos de localización: Gettext (.po e .mo), XLIFF (.xlf), TMX, TBX, WordFast TM (.txt), Qt Linguist (.ts), Qt Phrase Book (.qph)

  • Sinxelo, que o fai ideal para os principiantes:

    • Interface sinxela e intuitiva

    • Realzado de XML

    • Mostra os comentarios dos programadores e dos tradutores anteriores.

    • Inclúe un titorial e unha guía para localización dispoñíbel desde o menú de Axuda.

  • Contorno eficiente:

    • Navegación rápida e sinxela dos ficheiros

    • Autocorrección dos erros máis comúns

    • Autocompletado de palabras longas

    • Gardado automático de cabeceiras PO ao gardar.

    • Desprazamento de forma rápida e sinxela a través das cadeas sen traducir e as dubidosas

    • Reutilización das anteriores traducións. Estas pódense importar de:

      • Outro ficheiro ou traducións gardadas anteriormente.

      • Do servidor Open-Tran

      • Dun servidor de TM

      • Dun servidor tinyTM

      • Dun tradutor web

  • Localización e substitución de expresións regulares e normalización Unicode

  • Corrección ortográfica para o texto orixinal e o traducido.

  • Virtaal pode funcionar en Windows, Linux, Mac OSX, …

 
[Actualización]
Na rolda G11n avísannos da existencia dun repositorio de paquetes .DEB, fornecido polo proxecto Translate Toolkit, para a instalación tanto de Pootle, como das ferramentas do Translate Tookit, así como de Virtaal:
http://translate.sourceforge.net/debian/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal