Mancomún

Virtualbox 6.1.6, soporte para kernel 5.6

Venres, 24 Abril 2020

Virtualbox (software que permite virtualizar diferentes sistemas operativos) liberou a versión 6.1.6 e chega con compatibilidade para o kernel 5.6.

Cambios nesta versión:
Melloras na interface de usuario, corrixíronse erros de redimensionamento do monitor e manexo de múltiples monitores con adaptadores gráficos VMSVGA, melloras na aceleración e renderización 2D e 3D, melloras no rendemento e estabilidade do USB e melloras no portapapeis compartido, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal