Mancomún

Vodafone 360 H1, un terminal con GNU/Linux.

Venres, 25 Setembro 2009
Vodafone acaba de anunciar en Londres o lanzamento do seu novo móbil “Vodafone 360 H1” deseñado por Samsung, que conta cun sistema operativo GNU/Linux, concretamente LiMo.

VodafoneVodafone implicase deste xeito na difusión do software libre en primeira persoa, xa que xa era posíbel atopar móbiles con sistema operativo baseado en software libre no seu catálogo, como é caso dos Nokia con Symbian, pero neste caso que se trate dun móbil propio de Vodafone dálle un valor engadido.  

Este teléfono conta cunhas especificacións técnicas que destacan sobre os demais terminais da súa categoría. O tamaño da súa pantalla é de 3.5 polgadas e é de tipo AMOLED, o que garante unha visualización de alta calidade, que poderemos gozar cunha resolución de 800×480 píxeles na súa pantalla táctil.

O campo da conectividade é outro dos seus puntos fortes xa que é compatíbel con HSDPA a 7.2 megabits por segundo,dispoñendo ademais de Wi-Fi, Bluetooth e USB. Todo isto xestionado por un procesador OMAP 3430 a 600 Mhz que fornecerá a este dispositivo a potencia necesaria para que despunte tamén o seu apartado multimedia.

Vodafone 360 H1Da ampla lista de características deste teléfono podemos destacar:

  • Pode reproducir os formatos de vídeo MPEG-4, H.263, H.264, DivX, Xvid e WMV

  • Pode reproducir os formatos de audio MP3, AAC, WMA e AMR

  • Cámara de 5 megapíxeles con auto enfoque e flash tipo LED

  • Gravación de vídeo en alta resolución (720p)

  • 16 GB de memoria interna, que se poderán completar con tarxetas MicroSD de ata 32 GB

  • Receptor GPS e sintonizador de radio compatíbel con RDS

O sistema operativo deste terminal foi desenvolvido pola LiMo Foundation(fundación Linux Mobile) que é unha asociación fundada por Motorola, NEC, NTT DoCoMo, Panasonic Mobile Comunications, Samsung Electronics e Vodafone en xaneiro do 2007, co obxectivo da creación dunha plataforma de desenvolvemento autenticamente libre para dispositivos móbiles, independentemente do hardware, e baseada no sistema operativo GNU/Linux.

Fonte: linuxhispano.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal