![]()
A voces que sexan doadas a este proxecto estarán dispoñíbeis baixo licenza GPL, e empregaranse para impulsar o desenvolvemento de proxectos de software libre como poden ser Sphinx, ISIP ou Julius.
As persoas que estean interesadas nos aplicativos relacionados co recoñecemento de voz, ou simplemente que queiran doar a súa voz para colaborar co software libre poderán colaborar con esta iniciativa dende a propia páxina web do proxecto. Para doar a voz hai que ler algunhas frases, para o que polo de agora os idiomas dispoñíbeis son castelán, inglés, portugués, alemán, francés, hebreo, italiano, holandés e ruso. Gravar a voz é un proceso sinxelo que non precisa de coñecementos técnicos, e é necesario para poder crear modelos acústicos nos distintos idiomas.
Aínda que polo momento non existe un corpus de voz ou un modelo acústico en algúns idiomas como por exemplo o castelán, hai unha páxina denominada Listen, na que se poden escoitar as voces recibidas ata o momento.
Para gravar a voz so hai que seguir unhas sinxelas instrucións que se poden atopar nesta ligazón.
Fonte: http://www.voxforge.org/es
