Mancomún

Wammu, xestión do teléfono móbil en Ubuntu

Luns, 9 Marzo 2009

Wammu é un aplicativo multiplataforma que permite conectar o móbil con Ubuntu e xestionar diversa información do teu teléfono como a libreta de enderezos, axenda, crear, gardar, enviar e ata facer copias de seguranza de mensaxes SMS, entre outras cousas:

  • envío de ficheiros a teléfono (OBEX en Sony Ericsson)
  • editor de SMS multiparte
  • presentación de mensaxes con imaxes e reprodución de tons
  • capacidade para facer copias de seguranza e importación de varios formatos de datos ( vCard, vCalendar, vTodo, iCalendar, e o propio formato gammu de copia, …
  • procura de teléfono
  • adaptación lingüística da interface

Pódese consultar se o móbil é compatíbel co aplicativo consultando a páxina do proxecto.

O programa encóntrase nos repositorios de Ubuntu, aínda que nunha versión versión un pouco antiga. Se se quere instalar esta última versión (0.30.1) liberada hai uns días, terá que acceder ao repositorio que mantén Wammu en Launchpad. Por certo, que aínda que o proxecto está rexistrado  en Launchpad a tradución debe facerse nun servidor Pootle independente que mantén o creador e, aínda o 90% da interface non está localizada ao noso idioma.

Para obtelo só ten que agregar a seguiente liña APT:

deb http://ppa.launchpad.net/nijel/ppa/ubuntu intrepid main

Antes de proceder a instalar, como é habitual, temos que engadir a chave do repositorio, abrindo un terminal e escribindo:

sudo apt-key adv –recv-keys –keyserver keyserver.ubuntu.com 0xad829e29a018baf8c3842fb080e7349a06ed541c

Para logo instalar con:

sudo aptitude update
sudo aptitude install wammu

 Fonte: Ubuntronics

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal