Ars Technica vén de publicar un interesante debate sobre os motivos polos que Mozilla seguirá usando Gecko a pesar da popularidade de WebKit.
WebKit é un motor de renderizado de HTML de código aberto, desenvolvido por Apple a partir do código do proxecto KTHML, e que é recoñecido por ser sumamente livián, ter unha base de código extensa e limpa, cumprir estritamente cos estándares e usar pouca memoria para o seu funcionamento. Gecko, por outra parte, apunta a ser moito máis ca un motor HTML. Ademais de renderizar HTML, ofrece un marco para o desenvolvemento de interfaces de usuario baseadas en XML (XUL), incorpora un modelo de compoñentes multiplataforma (XPCOM) que lle permite ser completamente modular e fornece de servizos para soportar extensións no navegador (unha das características máis valiosas de Firefox).
