Webkit acaba de anunciar que, o motor de navegación que está detrás de Safari, foi o primeiro en pasar o test Acid3 ao 100%, incluíndo as probas de renderizado de animación suave. Acid3 é unha páxina da Web Standards Project que puntúa como de ben un motor de renderizado segue os estándares definidos para internet, particularmente DOM e Javascript. O test prové medicións para a compatibilidade cos estándares o que supuxo un rápido avance entre os diferentes desenvolvedores de motores de navegación mentres compiten entre eles.
En marzo, Webkit e Presto (de Opera) anunciaron que as súas versións para desenvolvedores o pasaban ao 100%. Ademais da puntuación, o test require que o navegador renderice unha páxina de proba onde se traballa sobre a precisión de colocación dos píxeles e animacións suaves.
Os desenvolvedores de Webkit pasaron esta fase da proba, e Stachowiak dixo que este salto se debeu a “recentes melloras en JavaScript, DOM e renderizado” do motor…
As versións que actualmente se distribúen cos navegadores aínda non alcanzaron a marca do 100%. Segundo as últimas cifras da Wikipedia, Safari 3.1.2 ten unha puntuación do 75%, Firefox 3.0.2 chegou ao 71%, Opera 9.52 chegou ao 84% e Internet Explorer 7 está nun 14%…
Nas versións para desenvolvedores de Safari 4.0, chegouse ao 100%, mentres que a última versión do motor de navegación de Mozilla (Firefox) Gecko chegou só ao 87%. A última versión de Opera ten un 99% e Chrome, aínda en fase beta, ten un 79%. Internet Explorer Beta 8 só cumpre un 21%.
Entre os navegadores móbiles, Safari para o iPhone e iPod Touch alcanza o 74%, mentres que Netfront só chega ao 11% e Opera Mini ao 79%. A versión de peto de Internet Explorer non pode executar este test porque non dispón de soporte Javascript.
Fonte da nova:
http://www.amigus.org/
