Mancomún

Wheelmap cumple 10 anos

Luns, 5 Outubro 2020

Wheelmap.org cumpre 10 anos e a comunidade está celebrando esta ocasión a través das canles de medios sociais (co hashtag #WheelmapTurns10) e cunha campaña especial de cartografado. Todo o mundo pode participar e cualificar a accesibilidade para cadeiras de rodas dos lugares.

Podemos acceder a Wheelmap.org tanto a través da súa web como das aplicacións que existen para Android e iOS. A idea inicial xurdira de Raul Krauthausen, fundador da ONG alemá Sozialhelden, e xurdiu dunha situación típica da vida cotiá: Para un usuario de cadeira de rodas, un chanzo na entrada é unha barreira común.

A idea de facer visibles os lugares sen escalas e a súa accesibilidade para cadeiras de rodas converteuse no proxecto Wheelmap.org, unha ferramenta práctica que mostra ás persoas que utilizan unha cadeira de rodas, un andador ou un coche para nenos, onde poden entrar sen problemas.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal