Atópase dispoñible a versión build-12 de Widelands. Agora o modo multixogador por Internet funciona completamente, realizáronse importantes melloras nas animacións e nos gráficos.
Cabe destacar que se engadiron os primeiros detalles dunha nova civilización ao xogo, os Atlantes, cos que xa se pode xogar, pero para os que aínda non hai gráficos para os edificios.
Fonte: Linuxjuegos.com
