Mancomún

Wikimedia muda os seus servidores a Ubuntu

Luns, 13 Outubro 2008
WikimediaA fundación Wikimedia, creadora da enciclopedia online Wikipedia, anunciou que migrará os seus servidores a Ubuntu de Linux, segundo informou a páxina Ars Technica. Este cambio a Ubuntu é parte dun esforzo por simplificar a administración dos 400 servidores da organización, que previamente corrían diferentes versións de Red Hat e Fedora.

Segundo explica a páxina, Ubuntu logrou un nivel de éxito sen precedentes no mercado de computadores de escritorio, aínda que esta expansión ten sido un pouco lenta na súa distribución. A adopción de Wikimedia podería axudar a elevar a visibilidade do negocio da distribución no mercado de servidores Linux, e demostrar a súa viabilidade en desempeños de alta escala.

Aínda que a Fundación é sen fins de lucro e finánciase principalmente de doazóns, os requirimentos técnicos da organización son importantes. A colección completa de sitios web -que inclúe Wikipedia, Wikisource, Wikiquote, Wikinews, e moitos outros- soporta preto de 10 mil millóns de visitas ao mes.

O orzamento da organización para investir en máquinas (hardware) é de apenas 1.5 millóns de dólares, e gástase 35.000 mensuais en banda ancha e hosting. Toda esta infraestrutura técnica esta administrada por un pequeno equipo de TI de 4 empregados pagos e 3 voluntarios.

Fonte:  Noticiasdot.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal