Mancomún

WireGuard integrarase en Linux 5.6

Xoves, 12 Decembro 2019

WireGuard (túnel VPN seguro, con métodos de cifrado modernos que proporciona un rendemento moi alto) finalmente chegará ao núcleo do kernel Linux 5.6 a finais de xaneiro ou principios de febreiro de 2020.

O soporte de WireGuard xa está integrado en NetworkManager e systemd, e os parches de kernel son parte das distribucións básicas de Debian Unstable, Mageia, Alpine, Arch, Gentoo, OpenWrt, NixOS, Subgraph e ALT.

WireGuard utiliza o concepto de encamiñamento de clave de cifrado, que implica vincular unha clave privada a cada interface de rede e usala para vincular claves públicas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal