Visto en Agasol.org: ![]()
“O líder do sector panadeiro en Galicia exemplifica que non é excluínte a utilización de solucións baseadas en s oftware libre con aquelas propietarias que requiren o pago dunha licenza.
Dentro dunhas poucas semanas a vida será máis sinxela para os traballadores de Ipasa-Sanbrandán, a firma líder a nivel galego na elaboración de pan e empanada que conta cunha ampla rede de distribuidores. Desde o seu departamento de informática están a piques de implementar unha ferramenta que mellorará o control da produción en tempo real, o que redundará nun mellor servizo ao cliente.
Tras esta pequena revolución está Wireless Galicia, unha das compañías que conforman a Asociación Galega de Empresas de Software Libre. Fai uns meses recibiron un encargo desde Ipasa-Sanbrandán, empresa que modernizara o seu fluxo interno de información nas oficinas cun software de xestión ERP e quería facer o propio nas súas plantas de produción e na conexión destas cos distribuidores…”
