Mancomún

Wodax, unha pequena utilidade de esteganografía

Luns, 5 Xaneiro 2009
Wodax é unha pequena aplicación esteganográfica desenvolvida en C++. O programa permite esconder un arquivo de texto plano nunha imaxe PNG co propósito de que esta porte información adicional sen que sexa percibida a súa existencia.

A aplicación, aínda en fase de desenvolvemento, vén de ser presentada polo seu autor, Joan Puigcerver, acompañada dunha invitación, a calquera membro da comunidade, a participar da súa testaxe: debilidades na seguridade, contradicións, erros no documento explicativo…

O programa usa a libraría libpng para manexar as imaxes PNG e un envoltorio de devandita libraría para C++ chamado png++. O seu uso foi probado unicamente en sistemas GNU/Linux e calquera información ao respecto está recollida na documentación achegada .

Fonte: Kriptópolis

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal