Unha nova actualización para WordPress , esta vez repleta de cambios e interesantes novidades.
WordPress 2.7.0, “Coltrane”, é unha actualización maior, que incorpora novas prestacións e melloras no deseño, tanto interno coma externo.
Esta actualización redeseña totalmente o panel de administración, incorporándolle múltiples e novas funcionalidades.
O Dashboard facilita a instalación de módulos, os bloques poden ser personalizados, e mesmo arrastrados e soltados…
A intención é facilitar o traballo ao usuario de WordPress, para que este poida levar a cabo as tarefas máis comúns da forma máis rápida e cómoda.
