Mancomún

WordPress 3.5.1 100% dispoñible en galego

Mércores, 30 Xaneiro 2013

Wordpress 100% en galegoHai uns días informábamosvos de que a versión 3.5 de WordPress estaba xa dispoñible coa interface de usuario en galego. Hoxe, o grupo de localización de WordPress ao galego avísanos que a nova versión 3.5.1 está xa dispoñible 100% en galego, incluíndo os menús de administración que quedaran pendentes na anterior ocasión.

A versión 3.5.1 é a primeira versión de mantemento da 3.5, na que se corrixiron 37 bugs. Tamén é unha versión de seguranza para todas as versión antigas de WordPress.

O grupo informa que continúa traballando a reo para dispor deste aplicativo líder na publicación de blogues. Con todo, recoñecen que o traballo non acaba aquí xa que é preciso corrixir os posibles erros na tradución así como estar pendente da versión 3.6 en desenvolvemento na que poden aparecer novas liñas para traducir. Tamén hai outros proxectos relacionados con WordPress que necesitan ser traducidos. Por todo isto solicitan a colaboración de todos os interesados en dispoñer de WordPress en galego.

Os interesados en coñecer o detalle dos cambios que achega esta nova versión poden consultar a nota publicada polo grupo de WordPress en galego, ou directamente a lista de tickets e o changelog.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal