A comezos deste mes, o coñecido e popular xestor de contidos WordPress publicou a súa versión 3.6, que recibe o nome de “Oscar” na honra de gran pianista de jazz Oscar Peterson. Segundo nos informan dende o grupo de localización ao galego , xa está dispoñible100% na nosa lingua.
Entre as principais novidades coas que se presenta esta nova versión figuran un novo tema predeterminado (Twenty Thirteen); autogardado e bloqueo de entradas, que cada 15 segundos (ou 2 minutos se non hai actividade co rato ou movemento do cursor) garda as entradas que esteamos a redactar para non perder nada; melloras nos formatos de entrada, na interface de usuario para a revisión das entradas; un sistema máis claro e autoexplicativo nos menús; novos servizos de incrustación de contido multimedia, mellor integración con Spotify, Rdio,e SoundCloud; integración de repordutor HTML5…
A nova versión pódese descargar dende a páxina de wordpress en galego, sendo tamén posible a actualización directa das versión anteriores dende o panel de control.
