O xoves 12 de marzo, en horario de 19.00 a 21.00, terá lugar unha nova edición de WordPress Coruña “Especial sitios de membresía”.
A reunión será no local de Hack a Boss.
Esta edición terá un número de asistencia limitado a 45 persoas. Se non podes acudir por favor deixa a praza libre para que se poidan apuntar outras persoas.

Quen é a relatora?
Lúa Louro. Con 13 anos fixo o seu primeiro foro, e logo a súa primeira web. Desde 2013 fedellou con WordPress e nos últimos anos estivo achegando o seu gran de area axudando a traducir algúns plugins e temas do ecosistema. Formou parte da organización da Wordcamp galega desde a súa orixe encargándose do seu deseño. Vinculada ao sector do márketing dixital, traballou con varios referentes hispanos realizando tarefas de deseño web e soporte técnico, e a día de hoxe atópase centrada no seu novo proxecto: https://mundofunnel.pro
Falaremos de que son os membership sites, vantaxes e desvantaxes deste modelo de negocio. Lúa ensinaranos exemplos reais de sitios que funcionan moi ben, que ter en conta se queremos montar un sitio de membresía e ferramentas (e gastos) cos que temos que contar.
Programa
19:00 – 19:15 Check-in
19:15 – 20:00 “Especial sitios membresía” Lúa Louro
20:00 – 20:30 Networking
Ao final da charla haberá networking e un pequeno catering grazas ao patrocinador Raiola Networks.
WordPress Coruña

As reunións de WordPress Coruña son un punto de encontro para principiantes e profesionais de toda Galicia que queren aprender sobre WordPress, desenvolvemento, deseño, optimización web…
O obxetivo é difundir coñecementos sobre este CMS de código aberto e dar a oportunidade a asistentes e relatores de compartir as súas experiencias.
As xornadas son gratuítas e teñen lugar na cidade da Coruña.
Se queres estar informado sobre as actividades de WordPress Coruña, podes seguilos nas súas redes:
Instagram: @wordpress_ coruna
Twitter: @wordpresscoruna
Máis información na web do meetup do evento.
