Mancomún

WordPressCoruña: 9 fases cruciais para deseñar unha web atractiva

Mércores, 11 Decembro 2019

O mércores 11 de decembro, en horario de 19.00 a 21.00, terá lugar unha nova edición de WordPress Coruña “As 9 fases cruciais para deseñar unha web atractiva e efectiva”.

A reunión será no bar La Olímpica, Rúa Alfredo Vicenti, 39 – A Coruña.

WordPress Coruña

logo de wordpress coruña
As reunións de WordPress Coruña son un punto de encontro para principiantes e profesionais de toda Galicia que queren aprender sobre WordPress, desenvolvemento, deseño, optimización web…

O obxetivo é difundir coñecementos sobre este CMS de código aberto e dar a oportunidade a asistentes e relatores de compartir as súas experiencias.

As xornadas son gratuítas e teñen lugar na cidade da Coruña.

As 9 fases cruciais para deseñar unha web atractiva e efectiva

Meetup: As 9 fases cruciais para deseñar unha web atractiva e efectiva

Nesta edición o relator será Edu Rubianes, deseñador web freelance especializado en WordPress.

Edu Rubianes comenta:
“Deseñar unha web atractiva é algo máis que poñerse a escribir no blogue como un tolo e esperar a que chova diñeiro. A gran maioría da xente lánzase a deseñar a súa web sen pararse a pensar en cales son os pasos correctos a seguir. E claro, daquela o 95% dos proxectos fracasan antes dun ano.”

Programa

19:00 – 19:10 Check-in
19:10 – 19:50 “As 9 fases cruciais para deseñar unha páxina web atractiva e efectiva”
19:50 – 20:30 Networking

Se queres estar informado sobre as actividades de WordPress Coruña, podes seguilos nas súas redes:
Instagram: @wordpress_coruna
Twitter: @wordpresscoruna

Máis información na web do meetup do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal