Mancomún

Workshops en Software Libre para maio, xuño e xullo organizados por Audiência Zero

Martes, 13 Maio 2008

Desde Audiência Zero nos informan da presentación do programa de workshops que van desenvolver durante os meses de maio, xuño e xullo deste ano. En concreto trátase de workshops en Software Libre que se ocuparán de ensinarnos a usar ferramentas como Gimp, Blender, Inkscape, Ardour e Processing entre outros. Ademais tamén contan cunha experiencia en e-learning con un workshop de Joomla.

O cartel do evento é o que se presenta a continuación premendo en “Ler máis”…

Cartel do evento:
http://www.mancomun.org/images/stories/audi%EAncia_zero.jpg

Audiência Zero é unha asociación sociocultural que pretende ser un espazo público de integración, intervención e desenvolvemento onde persoas con obxectivos semellantes poidan reunir esforzos que posibiliten a realización conxunta de proxectos artísticos, culturais e educacionais…

Obxectivos de Audiência Zero

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal