Mancomún

World Plone Day 2008 en Lugo organizado por Pexego e Código23

Xoves, 6 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/directorio_peme/pexego.gif Desde Pexego infórmannos de que o próximo venres día 7 de novembro celébrase o World Plone Day 2008, no que se trata de fomentar e dar a coñecer este magnífico xestor de contidos feito en python.

O evento ten lugar ao mesmo tempo en aproximadamente 60 cidades de 31 países do mundo, sendo Galicia, e máis concretamente a cidade de Lugo, a organizadora dun destes eventos. http://www.mancomun.org/images/directorio_peme/codigo23.jpg

O evento terá lugar nas oficinas de Pexego, onde haberá varias sesións. O evento está organizado entre Código 23 e Pexego. Para máis información de evento, pódese visitar a páxina corporativa de Plone.org no seguint enderezo:

http://plone.org/events/wpd/2008/lugo-galicia-spain/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal