Writer’s Tools é un conxunto de utilidades deseñadas para realizar un gran conxunto de tarefas dos usuarios do procesador de textos (Writer) de OpenOffice.org. Writer’s Tools é unha extensión, ao estilo dos complementos dos produtos de Mozilla, que permite facer copias de seguranza dos seus documentos, buscar traducións a palabras e frases, buscar enderezos en Google Maps, gardar estatísticas dos seus documentos, etc…
Para instalar Writer’s Tools no seu OpenOffice.org ten que descargar o ficheiro .zip desde a páxina de descargas do proxecto. Descomprimir o ficheiro co seu xestor de arquivos preferido (en Galinux/Ubuntu pode usar o “Xestor de arquivos” desde o menú de “Aplicacións->Accesorios”).
Unha vez descomprimido o ficheiro, abra o OpenOffice.org, e desde o menú “Ferramentas->Xestor de extensións” ten que engadir a extensión chamada “WriterTools.oxt”. Acepte os termos da licenza GPLv2 da extensión e instálea. Unha vez instalada, terá que reiniciar OpenOffice.org para que a extensión poida funcionar.
Agora, na ventá principal do Writer, ten un novo menú chamado “Writer’s Tools” coas seguintes ferramentas:
-
Lookup Tool: permite a busca do texto seleccionado en distintos buscadores en liña como os dicionarios de Cambridge, Wordnet e Google Define.
-
Google Translate: permite a tradución rápida do texto seleccionado entre diferentes idiomas usando os servizos de Google Translate.
-
Show on the Map : ferramenta baseada en Google Maps que localiza nun mapa o enderezo dun texto seleccionado.
-
Email Backup : permite enviar rapidamente unha copia de seguranza por correo electrónico a un enderezo determinado.
-
Multi-format Backup: grava o documento dunha soa vez en distintos formatos: Word, RTF, e formato TXT. Garda todas estas versións dentro dun ficheiro comprimido en zip coa data de creación no nome.
-
Remote Backup: permite o gardado rápido dunha copia do ficheiro nun servidor FTP.
-
Start/Stop Timer : controla o tempo empregado no documento aberto para posteriormente gardalo na base de datos WriterDB.
-
Quick Converter permite a conversión entre as unidades métricas do sistema internacional e as inglesas. Ademais pódense crear máis regras de conversión entre outras unidades…
Máis información sobre o resto das características na páxina do proxecto:
