Para a creación dos deseños tan só hai que crear e debuxar as táboas directamente no navegador, incluír os campos das táboas nos cales se poden especificar o tipo de datos dos mesmos. Asemade, moitas das características típicas das bases de datos xa están implementadas: relacións, chaves primarias, chaves foráneas, comentarios, índices, etc…

Hai dispoñíbel unha instalación en versión demo na seguinte ligazón:
http://ondras.zarovi.cz/sql/demo/
A ferramenta é compatíbel coa maioría dos navegadores (Gecko, MSIE e Opera) e non é necesario ter Flash instalado para o seu uso. Só se necesita ter JavaScript habilitado.
O código fonte do proxecto pódese en atopar en Google Code na seguinte ligazón:
http://code.google.com/p/wwwsqldesigner/
