Mancomún

Xa dispoñible o Mailman en galego

Venres, 14 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.pngDa rolda de correo de desenvolvedores de Mailman, chéganos o correo-e do anuncio da versión de Mailman 2.1.10 b4. Esta versión principalmente é unha bug fix release (versión de corrección de erros) e é recomendable que todos os sitios web que executen Mailman se actualicen á mesma. No entanto, esta versión ten unha importancia especial para Galiza xa que é a primeira que ten a tradución oficial ao galego integrada:

“Changes since 2.1.10b3 include the Galician translation and updates to the French translation (Vietnamese and Danish translations were updated in 2.1.10b3).”

Para máis información e ligazóns de descarga, podedes visitar as seguintes ligazóns:
http://www.list.org

http://mailman.sf.net

http://www.gnu.org/software/mailman

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal