Mancomún

Xa está dispoñíbel a beta 4 de firefox 3.5

Martes, 28 Abril 2009

Mozilla FirefoxHai un tempo, anunciouse dende o Mozilla Developer Center que a próxima versión de firefox será a 3.5, e non a 3.1. Esta decisión tomouse debido a que o equipo de desenvolvemento entendeu que o traballo que se estaba a desenvolver actualmente sobre Firefox non se correspondía cun cambio de versión menor, senón que sería merecedor dunha versión maior.
Como consecuencia dese traballo en curso, algunhas das melloras que se han atopar na versión 3.5 son:

Pois ben, xa está dispoñíbel a cuarta versión beta de firefox 3.5, tal como nos informan na nova publicada onte no Mozilla Developer Center. Esta versión tamén está dispoñíbel para a súa descarga directa en galego.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal