Mancomún

Xa está dispoñíbel o segundo capítulo de Ubunchu, o manga sobre Ubuntu

Luns, 29 Xuño 2009
Ubunchu capítulo 2Ubunchu é o nome dun manga que ten por protagonistas e 3 estudantes que pertencen a un club de administradores de sistemas e que conta as súas andanzas cando comezan a usar Ubuntu.

Recentemente xa se publicou o segundo capítulo que leva por título “CLI con Gnomos” e que trata sobre a aprendizaxe das liña de ordes e a súa comparación cuns “gnomos” en alusión á contorna de escritorio Gnome que usa Ubuntu.

Anteriormente, a Oficina de Software Libre da UDC levou a cabo a tradución ao galego do primeiro episodio deste manga., mais polo de agora este segundo episodio aínda non se atopa traducido.

Ademais, desde o seguinte blog, avisan de que hai dous capítulos máis listos para saír, agardando a aprobación dos publicadores…
Máis información na seguinte páxina:
http://doctormo.wordpress.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal