Mancomún

Xa está dispoñíbel openSUSE 11.2

Venres, 13 Novembro 2009

openSUSEXa está dispoñíbel dende a páxina oficial de openSUSE a súa nova versión, a 11.2. O lanzamento desta nova versión da popular distribución tivo lugar onte pola tarde, e ven acompañada de bastantes melloras importantes.

Hai moitas melloras na 11.2 con respecto ás súa predecesoras? Pois si, ou iso parece en principio, xa que conta con numerosas características novas, das que destacan:

  • Kernel Linux 2.6.31.

  • KDE 4.3.

  • GNOME 2.28.

  • OpenOffice.org 3.1, agora con maior integración con KDE.

  • Firerox 3.5 tamén con integración con KDE.

  • Ext4 predeterminado, con melloras a Btrfs.

  • O particionamento ten moitas melloras.

  • Posibilidade de cifrar completamente o disco.

  • O centro de control YaST foi mellorado.

  • Melloras no administrador de software, destacando Zypper que lle da maior fiabilidade ás descargas de paquetes.

  • Para esta versión implementarase por primeira vez a ferramenta Live Upgrade que permitirá actualizarse dunha versión a outra moi similar a como o fai Debian co dist-upgrade.

Captura de pantalla de openSUSEA aposta máis forte que fixeron os desenvolvedores desta distribución de GNU/Linux é a de empregar KDE 4.3 como o escritorio predeterminado, co que é de esperar que a integración deste entorno sexa moi boa.

Fonte: espaciolinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal