Mancomún

Xa está dispoñible a versión 5.2 de LibreOffice con varias novidades

Xoves, 11 Agosto 2016

Logo LibreOfficeA nova versión da suite de ofimática de software libre de referencia actualízase con varias novidades, estando dispoñible xa para a súa descarga nos sistemas operativos máis habituais.

Das que máis chaman a atención están o soporte para clasificación de documentos seguindo o estándar TSCP (Transglobal Secure Collaboration Program) que permite clasificar os documentos segundo a súa confidencialidade e establecer quen pode ter acceso a eles segundo os criterios marcados dentro dunha organización. E o soporte para varias sinaturas dixitais nun documento, permitindo a importación e exportación das mesmas en formato OOXML.
Como en cada versión segue a mellorarse a compatibilidade con formatos privativos, neste caso inclúese unha mellora importante no soporte de XLS/XLSX, o que axuda nos procesos de migración a esta suite ofimática dende outras entornas privativas.

Nas notas de liberación pódense consultar con máis detalle tódalas melloras incluídas nesta nova versión.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal