Mancomún

Xa está listo o Chromium de 64 bits para GNU/Linux

Martes, 25 Agosto 2009

ChromiumOs desenvolvedores de Chromium anunciaron na súa lista de correo que xa esta dispoñíbel a versión de 64 bits para GNU/Linux do navegador web de Google. O motor de JavaScript que utiliza o navegador de Google é o V8, o cal ainda non compila baixo Windows de 64 bits, polo que o Chromium está dirixido nun principio ás persoas usuarias de GNU/Linux e Mac.

O Paquete binario para Ubuntu de Chromium de 64 bits nativo para a plataforma de AMD64 xa está dispoñíbel no Personal Package Archive(PPA) de Launchpad. Segundo a Ubuntu Popularity Contest máis de 10.000 persoas usuarias de Ubuntu xa instalaron Chromium nos seus sistemas.

Esta versión de Chromium conta con compatibilidade con flash, compatibilidade con distintos temas e compatibilidade coa etiqueta video de HTML5 grazas a ffmpeg.
Para instalar Chromium de 64 bits en Ubuntu hai que seguir os seguintes pasos:

Editase o ficheiro source.list

sudo gedit /etc/apt/sources.list

Para Ubuntu 8.04 engádese:

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu hardy main
deb-src http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu hardy main

Para Ubuntu 8.10 engádese:

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu intrepid main
deb-src http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu intrepid main

Para Ubuntu 9.04 engádese:

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main
deb-src http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

O seguinte paso é :

sudo apt-get update

E por último instalase o Chromium

sudo apt-get install chromium-browser

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/soft/chromium-64bits-para-linux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal