Esta plataforma é o sitio principal das accións do programa “Formados” que está levando a cabo o centro no marco do Proxecto PASCAL (Plan de Acción en Software Libre 2007-2008 de Castilla-La Mancha), financiado pola Administración rexional e promovido polo Parque Científico e Tecnolóxico de Albacete, segundo informa la Junta en nota de prensa.
Ademais dos case 550 alumnos rexistrados no curso Molinux 3.0 e 3.2, o pasado 15 de febreiro arrincaba a segunda edición do curso de Java que nesta ocasión conta con 30 alumnos seleccionados dun total de 65 preinscritos e repartidos en dúas modalidades: en liña e semi-presencial.
O curso prolongarase ata finais de abril e a súa finalidade volverá ser a de facilitar a inserción laboral de estudantes dada a crecente demanda de profesionais con coñecementos nesta linguaxe de programación.
Ademais, nos próximos días, o CESLCAM presentará unha serie de cursos de OpenOffice destinados a aqueles usuarios que queiran aprender de forma simple e cómoda as funcións máis habituais desta suite ofimática libre.
A formación estará especialmente adaptada a persoas con pouca ou ningunha experiencia previa neste tipo de ferramenta, a quen se lles dotará dos coñecementos necesarios para manexarse con soltura e dun certificado oficial que ratifique a súa aprendizaxe.
Para acceder aos cursos é necesario rexistrarse na plataforma e-learning do CESLCAM que se atopa accesible en Internet a través da web formados.ceslcam.com e que conta xa con máis de 600 usuarios rexistrados sendo a maioría dos cursos gratuítos para todos os cidadáns.
Fonte: Openideas.info
