Mancomún

Xa son 2000 os proxectos con licenza GPLv3

Xoves, 3 Abril 2008
Menos dun ano despois de que a Free Software Foundation aprobase a versión 3 da Licenza GNU para código aberto, un informe de Palamida asegura que máis de 2.000 proxectos utilizan xa a licenza.

Segundo Palamida, un vendedor de software e servizos para o seguimento de código de fonte aberta na base de código dos clientes, existen xa máis de 2.000 proxectos utilizando GPL v3. “A esta velocidade, a GPL v3 está sendo adoptada nunha proporción de 1.000 proxectos cada 4-5 meses, e se a tendencia continúa así, a licenza será utilizada por 5.000 proxectos ao final do ano”, explica Palamida no seu blogue.

 
A Free Software Foundation aprobou a GPLv3 en xuño de 2007, logo dunha forte discusión pública e ante o rexeitamento de Microsoft, que negou que o seu acordo de patente e interoperabilidade con Novell significase que estaba suxeito aos termos da licenza.

Richard Stallman, presidente da Free Software Foundation, encomiou as vantaxes que para as empresas pode supor a adopción da GPL v3, como a de obter protección fronte a denuncias por violación de patentes.

 
Fonte: Theinquirer.es  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal