Mancomún

Xamarin será liberado coma Open Source coma parte da .NET Foundation

Luns, 4 Abril 2016

Logo de XamarinO pasado 31 de Marzo, Nat Friedman, actual CEO e co-fundador de Xamarin, anunciou publicamente no blog oficial de Xamarin o compromiso de abrir o código de SDK de Xamarin, incluindo o runtime, as bibliotecas e ferramentas de liña de ordes, como parte dos proxectos da .NET Foundation nos vindeiros meses.

Estos proxectos uniranse aos que Microsoft vén liberando en torno á platorma .NET dende finais de 2014.
Dende a creación da .Net Foundation os rumores dun xiro na política de Microsoft para os modelos de desenvolvemento de código Open Source non fixeron máis que estenderse pola rede. Estes rumores, parecen pouco a pouco confirmase con anuncios de liberacións de proxectos por parte de Microsoft.

O último anuncio en chegar foi o pasado 31 de Marzo por parte de Nat Friedman, actual CEO e co-fundador de Xamarin, no blog oficial de Xamarin. Net Friedman anunciou publicamente o compromiso de abrir o código de SDK de Xamarin, incluíndo o runtime, as bibliotecas e ferramentas de liña de ordes, como parte da .NET Foundation nos vindeiros meses. Coma resultado desta liberación, tanto o SDK Xamarin coma Mono estarán dispoñibles baixo a licenza MIT.

Xamarin

Xamarin é unha empresa que foi creada por Miguel de Icaza e Nat Friedman en maio de 2011 para o desenvolvemento dunha plataforma libre baseada en .NET para dispositivos móbil multi-prataforma. Xamarin foi recentemente adquirida por Microsoft. O anuncio oficial chegou o pasado 18 de marzo.

.NET Foundation

A .NET Foundation é unha organización independente, constituída o 31 de marzo de 2014, por Microsoft Corporation, para mellorar o software Open Source no referente ao framework .NET. Os proxectos que entran a formar parte da fundación son libres de elixir calquera licenza libre das definidas pola Open Source Initiative (OSI).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal