Mancomún

Xeopesca organiza a Mapping Party Poio 2015

Luns, 23 Marzo 2015

Cartel da Mapping PartyA asociación Xeopesca, organiza para o vindeiro sábado 11 de abril, a Mapping Party Poio’15, no Centro Xaime Illa de Raxó ( Poio) co obxectivo de mellorar a cartografía da contorna marítima do Concello de Poio en OpenStreetMap.

Unha mapping party, é un encontro de persoas con intereses comúns no proxecto OpenStreetMap, nos datos xeográficos e na cultura libre, que se reúnen para cartografar de forma colectiva un determinado lugar, zona, etc. Estes encontros soen contar coa participación de xente experta e tamén teñen o interese de atraer a principiantes para introducilos na forma de traballar e contribuír a proxecto colectivo OpenStreetMap e contribuír deste xeito a incrementar os datos xeográficos libres.
A axenda do encontro é o seguinte:

  • 10:00-11:00 Presentación de OSM, organización de equipos para a zona a cartografar.
  • 11:00-14:00 Traballo de Campo con explicacións de como empregar osmAndroid.
  • 14:00 -16:00 Xantar.
  • 16:00-20:00 Traballar coas computadoras para o verquido de datos OSM20:00-20:30 Clausura do curso.

A participación na xornada é de carácter gratuíto, sendo preciso inscribirse previamente a través do formulario habilitado ao efecto. O número de participantes está limitado a 25, para facilitar o bo desenvolvemento da xornada, sendo cubertas as prazas por rigorosa orde de inscrición.

A organización recomenda que os participantes dispoñan de calquera dos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital.

O evento poderá seguirse a través das redes sociais coa etiqueta #mappingpartypoio, ademais de a través da conta de twitter ou na páxina de facebook de XeoPesca.

Este obradoiro estará organizado pola asociación pola Asociación de software libre Xeopesca e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Poio e as asociacións SCD Raxo e ACDeM Armadiña.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal