- O HackLab terá a súa primeira sesión este sábado 5 de setembro na Estrada.
- Os asistentes inscritos poderán participar no grupo de traballo que montará o robot sumerxible.
Xa dende hai tempo se está a ver unha gran evolución no mundo do hardware libre, cunha maior presencia na sociedade. Froito desta evolución son os robots, impresoras 3d, consolas de videoxogos (uzebox),….. e tamén o OpenRov.
xeoPesca, non
quere quedar atrás neste mundo e inicia a súa andaina con este HackLab de OpenRov que será en múltiplas sesións e como obxectivo rematar montando unha robot sumerxible para o uso d@s XeoPesqueir@s.
O HackLab arrancará o sábado 5 de Setembro ás 10:30 co Concello da Estrada como punto de encontro, para posteriormente achegarse ao local onde comezará o HackLab.
A idea do HackLab é crear un grupo de traballo cooperativo de carácter aberto e fomentando a aprendizaxe autónoma e cooperativa de tódolos membros. Dende xeoPesca agradecen que as persoas interesadas neste HackLab se inscriban no formulario do evento tan pronto como sexa posible.
A inscrición está dispoñible en: openrov.xeopesca.gal Que é OpenRov?
OpenROV é unha especie de drone submarino, forma parte dunha nova tendencia chamada DIY (do it your self) ou “faino ti mesmo”, que se basea na utilización de compoñentes opensource, os cales pouco a pouco, están a gañar terreo.
Un ROV (remotely operated vehicle) é un vehículo submarino controlado a distancia. OpenROV é un robot explorador creado por dous amigos californianos, Eric Stackpole e David Lang, que lograron dar a luz ao seu proxecto, grazas a Kickstarter – mesmo a National Geographic lle brindou o seu apoio financeiro.
Este dispositivo é guiando dende unha PC portátil, e equipado cunha cámara HD, este “submarino” do tamaño dunha caixa de zapatos, pode alcanzar os 100 metros de profundidade (polo momento).
O OpenROV (Open Source Remote Operated Vehicle) é unha idea colectiva dunha comunidade apaixonada polos robots teleguiados. Os planos do aparato, as instrucións, así como o software baseado en GNU/Linux, están dispoñibles gratuitamente para descargalos, no sitio wiki do proxecto.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
