A empresa galega Xercode, vén de anunciar que a Universidad Pontificia de Salamanca (UPSA) converteuse na primeira universidade española en migrar o seu sistema de xestión bibliotecaria privativo Innopac Millennium ao sistema de xestión bibliotecaria con licenza libre Koha ILS.

Segundo informa Xercode, o proceso de migración requiriu dunha importante análise e deseño de procedementos nos que Xercode e a UPSA colaboraron estreitamente para obter o resultado óptimo. En palabras de Maribel Manazano, subdirectora da biblioteca, “con máis de 350.000 rexistros bibliográficos para migrar, é necesario ter a seguridade de que contas co respaldo dunha empresa que coñeza perfectamente o sistema e cuxa resposta a calquera cuestión sexa inmediata”.
Koha ILS supón para a UPSA un importante avance organizativo e de identidade, que pon á súa disposición os aspectos funcionais e de xestión requiridos dentro das bibliotecas académiscas e que, dado o seu carácter opensource, permitiralles dispoñer dun sistema actualizado, adaptados ás súas necesidades e un aforro económico respecto dos sistemas comercias con licenzas.Maribel Manzando afirma que “A posta en marcha de Koha ILS na Biblioteca da UPSA supón un paso adiante na súa xestión, facéndoa máis independente e flexible, e adaptando o mesmo ás necesidades dos usuarios e ás características e posibilidades da institución á que pertence. As melloras contínuas da comunidade de usuarios de Koha e a adaptación con outros produtos de software libre que ofrece Koha ILS, ábrenos moitas posibilidades de innovación e mellora no noso traballo.”
KOHA
Koha ILS é un sistema integrado de xestión de bibliotecas (SIXB) distribuído con licenza GPL2, de feito foi o primeiro SIXB libre. O seu desenvolvemento está promovido por bibliotecas de diversos tipos e tamaños, voluntarios, e empresas de todo o mundo.
Hoxe en día é o SIXB libre de uso máis estendido grazas ás súas completas e avanzadas funcionalidades. Koha incorpora todos os módulos necesarios para a xestión automatizada das bibliotecas (circulación, catalogación, adquisicións, publicacións seriadas, reservas, xestión de usuarios, xestión de permisos, relacións interbibliotecarias, autopréstamo, …), funcionalidades da web 2.0 (rss, etiquetado, …) respondendo así ás demandas da nova sociedade da información, e por suposto é compatible cos estándares internacionais da industria.
Xercode
Xercode é unha empresa galega, socia de AGASOL, que foi a primera empresa española en ofrecer soporte oficial a Koha ILS. Con esta migración volve dar un paso destacado na expansión e difusión do principal sistema de xestión bibliotecaria libre. O éxito desta migración, e as palabras de satisfacción da subdirectora da biblioteca, confirman unha vez máis o bo facer e o coñecemento das nosas empresas galegas.
Xercode ofrece servizos para todo o ciclo de implantación de Koha ILS: consultoría, instalación, desenvolvemento, migración, formación, soporte e mantemento evolutivo. As bibliotecas tamén poden escoller entre implantar Koha ILS nas súas instalacións ou contratar o servizo cloud baixo a modalidade SaaS.
Xercode afirma que a súa ampla experiencia e coñecemento sobre estes sistemas serve de apoio para impulsar que as institucións empreguen sistemas con licenza libres no ámbito de xestión bibliotecaria e arquivística, e para dispoñer de sistemas innovadores que ofrezan servizos acordes co cambio de hábitos de acceso e consumo de información, como XeBook® , ferramenta que facilita o acceso ao préstamo de coleccións dixitais.
