Elibrary é un aplicativo para a catalogación, organización e xestión de coleccións de libros para un uso persoal, o que non o priva de ter características avanzadas, como a conversión entre distintos formatos e mesmo a opción de tentar extraer o ISBN (o número internacional para a identificación das publicacións) a través da busca nas propias páxinas da publicación, do nome do ficheiro ou mesmo buscando en Amazon e o servizo de Google Books, característica totalmente automática que se executa con tan só arrastrar e soltar un ficheiro dentro da xanela de eLibrary.
A última versión de eLibrary inclúe unha mellorada interface de usuario, máis opcións de catalogación, a descarga automática de metadatos do servizo de Google Books, de maneira que a información descargada inclúe as etiquetas e descrición do libro. Unha das novas características tamén e a dispoñibilidade dunha interface web que permite aos usuarios ver e acceder os ficheiros das súas coleccións persoais.
O código fonte de eLibrary está programado con C# e .Net 2.0 para nun futuro podelo portar a Mono…
eLibrary pode descargarse desde a súa páxina do proxecto en SourceForge.net:
https://sourceforge.net/projects/ebooklibrary/
