Mancomún

Xestión de Parques Informáticos en galego con GLPI

Luns, 12 Maio 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/glpi-logo.pngGLPI (Xestión Libre de Parques Informáticos) é un administrador de recursos informáticos (hardware e software) cunha interface web para a súa administración. Facendo uso da ferramenta é posible inventariar o parque informático dunha empresa (PCs, impresoras, escáners, software, etc).

GLPI dispón de funcións que facilitan o traballo dos administradores así como un sistema de seguimento de traballo con correos de notificación, ademais de poder establecer a topoloxía da rede.

GLPI pódese instalar en servidores que soporten as tecnoloxías Apache, MySQL e PHP (AMP).

GLPI está traducido ao galego dende a versión 0.71-RC1, podes seguir o estado da tradución e contribuír co proxecto dende a seguinte páxina:

http://glpi-project.org/?page=traduction&lang=en

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal