Mancomún

Xestor de datos de escritorio para Gnome

Venres, 4 Abril 2008

Desktop Data Manager é unha aplicación que engloba as funcionalidades de portapapeis, xestor de descargas e capturador de pantallas. Está escrita para Gnome polo que se integra perfectamente nel. A icona principal agóchase na área de notificación para estar sempre accesible mais sen molestar.

A continuación describimos as características máis innovadoras dentro de cada unha das súas 3 funcionalidades principais. 

 

Portapapeis

A función de portapapeis é o punto forte desta aplicación. Mantén unha lista cun certo número de elementos que se poden utilizar. Este número é personalizable, así como as combinacións de teclas para que apareza esa lista onde o punteiro do rato para poder empregala de xeito rápido.

Unha das achegas desta aplicación é que mostra a previsualización do contido real das imaxes copiadas. Mesmo permite copiar ligazóns de imaxes de internet e mostra directamente a miniatura da imaxe.

Outra das características interesantes que ten é que ao copiar e pegar algo na ventá do xestor de ficheiros ofrece a posibilidade de crear un ficheiro co contido que se está a pegar, amosando unha lista de posibles extensións válidas segundo o tipo de contido.

Capturador de pantalla

DDM é un capturador de pantallas moi completo. Permite:

  • Capturar a pantalla completa.Seleccionar unha área da pantalla ou unha ventá.
  • Determinar uns segundos de atraso antes de facer a captura.
  • Copiar de xeito automático a captura ao portapapeis.
  • Gardar a imaxe en PNG.

Xestor de descargas

O xestor de descargar permite pausar e continuar logo coas descargas, realizalas con varios fíos para aceleralas e soporta os protocolos HTTP e FTP.

Fonte: Genbeta

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal