- Xestión de listas de descargas. Ao premer co botón dereito nunha páxina web amosa unha ventá cunha lista de todas as imaxes e ficheiros multimedia que contén e permite seleccionar todos os que nos interese descargar de forma manual e rápida ou ben mediante filtros por tipo de ficheiro. Isto pode ser moi útil cando queremos descargar moitos ficheiros dun mesmo sitio, evitando ter que facer a descarga individual de cada un.
- Filtros de selección dos ficheiros a descargar personalizables mediante o uso de caracteres comodín e mesmo usando expresións regulares.
- Permite definir como renomear os ficheiros descargados para incluírlles, por exemplo, a data e hora de descarga, a url de descarga…
- Permite parar as descargas e retomalas máis adiante sempre que se queira sen perda de datos.
- Permite acelerar as descargas até un 400% dividindo os ficheiros en seccións. Este número pode aumentarse o diminuírse sempre que se queira durante a descarga.
Máis información: Web de DownThemAll
