Exaile Media Player inspírase no popular reprodutor Amarok, tanto é así que a súa interface e usabilidade son réplicas do seu mentor, pero a diferenza de Amarok foi deseñado para [[GTK]] . Isto significa que moitos usuarios de linux que usan Amarok con Gnome poderán pasarse a Exaile e gozar de tempos de carga inferiores. Intégrase rápido e perfectamente a Gnome, ofrece as mesmas funciones que Amarok e é estable.
Entre outras características, cabe destacar a posibilidade de recuperar as carátulas de son e letras de cancións, xestionar bibliotecas de son de gran tamaño e ata conectar con last.fm ou un [[iPod]]. Ademais, ofrece unha conexión directa coa información contida na wikipedia acerca dos músicos que escoites.
Algúns cambios recentes no Exaile Media Player:
- Engadiuse a función de mostrar canción dentro dunha colección
- Engadiuse a procura de canción por título
- Melloras no menú de navegación
- …
Para utilizar Exaile Media Player necesitas entre outros, GTK e varias bibliotecas de [[python]].
Visto en: Tuxpepino.wordpress.com
