Mancomún

Xestor de repositorios REA Agrega 2

Xoves, 5 Xaneiro 2017

O Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT) vén de publicar a solución tecnolóxica libre Agrega 2 para a xestión de repositorios de Recursos Educativos Abiertos (REA).

A plataforma Agrega2 é un repositorio distribuído de Recursos Educacionais Abertos (REA) en formato dixital. Baséase nun conxunto de nós conectados a través de Internet na maior parte dos Ministerios de Educación das Comunidades Autónomas (CCAA) e do Instituto de Tecnoloxía Educativa (ITE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

Os recursos educativos organízanse segundo o currículo das clases de niveis anteriores á Universidade e están preparados tanto para uso directo por profesorado e alumnado para a súa descarga en formatos estándar como para a súa reutilización e creación de novos materiais.

Ofrece paquetes segundo o formato estándar SCORM 2004 (Sharable Content Object Reference Model), e son clasificados de acordo coa normativa LOM-ES, que representa unha adaptación do contexto educativo español ao estándar internacional LOM (Learning Object Metadata) usada como un modelo de datos para identificar e describir obxectos de aprendizaxe.

Agrega 2 está dispoñible baixo a licenza GPL (GNU General Public License), polo que se permite a súa modificación, a copia e a distribución de calquera dos derivados sempre e cando se conserve a mesma licenza. O código fonte está a disposición pública na Forxa do CTT e a documentación necesaria e arquivos executables para a instalación da última versión na área de descarga dos CTT.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal