Mancomún

XII Concurso Universitario de Software Libre

Luns, 11 Decembro 2017

Un ano máis facemos eco do Concurso Universitario de Software Libre (CUSL), impulsado por varias universidades do estado e por empresas TIC asociadas que ten como misión fomentar o uso e o desenvolvemento de software, hardware ou documentación libre no ámbito estudantil, dando unha axuda económica e visibilidade a todas aquelas persoas que no seu tempo libre deciden traballar na comunidade do software ou hardware libre.

Neste concurso existen dúas modalidades, a sénior e a xeral. A xeral é para todas aquelas persoas matriculadas nunha carreira universitaria, nun ciclo de formación profesional ou en bacharelato; mentres que a sénior é para as matriculadas en estudos de postgrao.

O concurso conta con varias fases, a primeira e máis importante é a de inscrición que vai dende o 2 de outubro de 2017 ata ao 15 de Febreiro de 2018. Para poder participar deste concurso tes que inscribirte no formulario de inscrición.
Segundo as bases, todos os participantes teñen que contar con unha forxa pública cun sistema de control de versión onde vaian publicando a fonte dos proxectos así como un blog no que vaian publicando a evolución deste.

Alén de participar como estudante no concurso, as entidades organizadoras tamén buscan colaboración co evento, incluíndo entre estas a posibilidade de ser un dos patrocinadores.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal