A xestión de contidos, mediante un CMS evolucionou hasta a separación dos contidos e os elementos para presentalos. No entanto, esta separación non se aproveita para darlle significado aos elementos de información, o que permitiría aumentar a interoperabilidade entre sistemas de distintas empresas, e este é o punto diferenciador de ximDEX, desenvolvido pola empresa XimetriX, que senta as bases para dar significado aos elementos de información que constitúen os contidos.
ximDEX permite a construción automática de portais web que separan a presentación dos contidos e os contidos da lóxica de negocio. Ademais posibilita a independencia dos contidos e servizos representados respecto da tecnoloxía e arquitectura final encargada da súa explotación, así como do tipo de servidor web ou servidor de aplicacións, proporcionando total liberdade tecnolóxica…
Ademais, é capaz de outorgar ao contido semántica asociada que dota a cada elemento (texto, imaxes, arquivos, servizos, etc,…) dun significado ben definido e unívoco, fomentando e facilitando a estructuración e categorización dos contidos e servizos; posibilitando a indexación independente para aumentar o éxito nas procuras; e permitindo a personalización en base a perfís.
