Omnitux é un aplicativo para os máis pequenos da casa, que está deseñado para que se entreteñan ao mesmo tempo que aprenden. Axuda aos rapaces a razoar, asociar elementos, etc a partir de ficheiros multimedia, como poden ser imaxes, sons, texto.
En Omnitux hai diferentes tipos de actividades, como asociacións, operacións matemáticas, crebacabezas, o clásico xogo de memorizar cartas, xogos de diferencias etc.
As características máis salientábeis deste aplicativo son:
- As actividades están creadas en ficheiros XML, polo que é bastante sinxelo modificalas ou crear unhas novas
- Compatibilidade de alta resolución para imaxes JPG, PNG e SVG
- Usa a pantalla completa, o que asegura unha boa visibilidade aínda en pantallas pequenas
- Dispoñíbel para GNU/Linux e Windows
- Licenza GPL
- É multilingüe
Pódese instalar dende un paquete DEB premendo nesta ligazón. Unha vez instalado pódese atopar en Aplicacións > Xogos > Omnitux
Fonte: ubuntips.com.ar
