Mancomún

Xogos educativos con Childsplay

Xoves, 5 Novembro 2009
ChildsplayChildsplay é unha completa e divertida suite de xogos educativos para nenos pequenos coa que aprenderán unha multitude de actividades diferentes. É similar a Gcompris e está programado en Python, Pygame e SDL.

Childsplay conta con moitas características tanto para os usuarios, como para os desenvolvedores de actividades:

  • Actividades de memoria auditiva e visual

  • Actividades para que os nenos aprendan a empregar o rato e o teclado

  • Operacións matemáticas sinxelas

  • Actividades lúdicas como crebacabezas, ping-pong, pacman e billar

  • Compatibilidade multilingüe (vía Pango)

  • Monitorización dos usuarios para controlar o progreso; localmente(SQLite) ou en rede (MySQL ou calquera compatíbel con SQLAlchemy)

  • Conxunto de informes de OpenOffice para imprimir datos (aínda en desenvolvemento)

  • Xanela de traballo orientada a obxectos para desenvolver actividades facilmente en Python/PyGame

Mostra de Childsplay

A última versión do xogo e máis o seus complementos están dispoñíbeis na sección de descargas do proxecto en sourceforge.

Fonte: linuxjuegos.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal