Mancomún

Xornada aberta ao público no Curso de tradución ao galego de aplicativos libres

Venres, 19 Novembro 2010

Logo de TrasnoComo xa anunciamos a semana pasada, dende este luns 16 de novembro a Asociación Trasno está a celebrar o Curso de tradución ao galego de aplicativos libres na universidade de A Coruña. Este curso contaba con 33 horas de duración, dividades en sesións teóricas e obradoiros.

Dende a asociación anuncian que as sesións de tarde dos obradoiros de tradución de aplicativos empregando ferramentas libres serán abertas ao público.

Así, calquera persoa interesada en aprender a traducir aplicativos libres non ten máis que achegarse hoxe ou o luns pola tarde e unirse ás seguintes sesións prácticas:
Venres 19 de novembro de 16:15 a 19:45

  • Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre Lokalize.
  • Relator: Marce Villarino. Membro do equipo de tradución de KDE ao galego, e tradutor do Proxecto Trasno.
  • Asistente: Leandro Regueiro.

Dispoñible a presentación a empregar neste obradoiro en formato PDF ou en formato ODT e a táboa de atallos de teclado en formato PDF ou en formato ODT

Luns 22 de novembro de 16:15 a 19:45

  • Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre OmegaT
  • Relator: Enrique Estévez. Técnico da OSL da USC e coordinador do equipo de tradución de Mozilla ao galego.
  • Asistentes: Miguel Branco

Dispoñible a táboa de atallos de teclado en formato PDF ou en formato ODT

<dl><dd style=”margin-left: 0cm;”>Dende a organización do curso informan que non é preciso levar equipos para seguir as sesións.</dd><dd> </dd></dl>

Material do curso

Destacar que xa están tamén dispoñibles para a súa descarga con licenza libre as presentacións empregadas nas distintas sesións do curso.

  • Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución (formato PDF ou formato ODP).
    • Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.
  • Formatos estándares de localización: XLIFF, TMX e TBX (formato PDF ou formato ODP).
    • Relator: Leandro Regueiro. Tradutor do Proxecto Trasno.
  • Os formatos de tradución Gettext (po) e Qt Linguist (ts) (formato PDF ou formato ODP).
    • Relator: José Manuel Castroagudín. Tradutor do Proxecto Trasno.
  • Pootle, Launchpad, Transifex e sistemas web de xestión de proxectos de traducións (formato PDF ou en formato ODP).
    • Relator: Indalecio Freiría. Tradutor do Proxecto Trasno.
  • O inglés no ámbito técnico (formato PDF ou en formato ODP).
    • Relator: Xosé Calvo. Filólogo. Membro do equipo de tradución de KDE ao galego.
  • Elementos da tradución ao galego. Nova normativa do galego (formato PDF ou formato ODP).
    • Relator: Miguel Branco. Presidente da AC Proxecto Trasno.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal