Mancomún

Xornada de achegamento ao software libre en Melide

Martes, 24 Maio 2011

Logo de MelisaA asociación  Melisa, en colaboración cos compañeiros de ParnetTIC de Melide, organizan para este xoves 26 de maio, ás 11:00 horas, no telecentro do edificio multiusos de Melide, unha charla de achegamento ao Software Libre.

Na charla explicaranse brevemente os conceptos básicos para entender o movemento do código aberto, e expoñeranse algúns casos prácticos de como nos afecta na nosa vida cotián o uso deste tipo de software, por exemplo, á hora de comprar un ordenador.

A charla vai dirixida principalmente ao alumnado que está asistindo aso cursos organizados por ParnetTIC, aínda que está aberta a calquera persoa que queira participar nela.
Para aqueles que descoñezan a importante labor de promoción da tecnoloxía en xeral e do software libre en particular, que está a desenvolver esta asociación, principalmente na comarca de Melide, pode resultar moi interesante escoitar a participación de Rafael Rodríguez Gaioso, presidente da asociación, o pasado día 19 de maio nos estudos de Radio Melide para dar a coñecer a asociación, e as actividades que están a realizar en beneficio do software libre e da tecnoloxía en xeral.

Na súa páxina web é posible escoitar distintos cortes da entrevista na que se trataron temas como:

1 – Presentación de Melisa – Actividades

2 – O galego nas ferramentas informáticas

3 – Alternativas aos programas privativos

4 – Falamos do comunicado de Melisa

5 – O Software Libre na Escola

6 – Grupos galegos relacionados co software libre

7 – Reciclaxe e reutilización de equipos obsoletos

8 – Banda ancha no rural, administración publica

9 – Documentos accesibles e formatos abertos

Fonte: Melisa

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal