Mancomún

Xornada de Presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC

Mércores, 7 Setembro 2011

Logotipo de CENATICCon motivo da próxima comisión executiva do Padroado de CENATIC que se celebrará o mércores, 14 de setembro de 2011 na comunidade autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en Fontes Abertas) organiza unha xornada técnica para presentar o Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC, que terá lugar no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Esta xornada ten por obxectivo reunir a empresas e profesionais do sector TIC de Galicia que desenvolven a súa actividade en diferentes áreas de actuación, tales como hardware, desenvolvemento de aplicacións e prestación de servizos TIC, así como formación de carácter tecnolóxico.
Durante esta sesión amosarase o Ecosistema de Competitividade desenvolvido por CENATIC para empresas TIC, que inclúe as seguintes 3 liñas de actuación:

  • Metodoloxía de Compatibilidade de Hardware, que está orientada a empresas, entidades públicas, fabricantes e/ou integradores e distribuidores de hardware, que traballen no campo de probas de hardware, ou teñan interese na consulta de resultados de probas de hardware para detectar compatibilidade entre hardware e software libre.
  • Modelo de Mellora de Empresas, que está orientado a empresas que queiran incrementar a súa competitividade a través de procesos de mellora, e a empresas que vexan na auditoría do devandito proceso unha posibilidade de ampliar o seu modelo de negocio.
  • Modelo de Capacitación Certificada, que está orientada a empresas de formación e elaboración de contidos formativos, pero tamén a todas aquelas empresas e profesionais que queiran mellorar a súa capacidade e competitividade para o mercado de traballo, a través de formación específica en materias relacionadas co software libre.

A axenda da xornada será a que a continuación se detalla:

  • 9:00 a 9:30 Inauguración. A cargo de Dña. Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, D. Miguel Jaque, director xerente de CENATIC, e D. Carlos Cano, director xeral de Red.es.
  • 9:30 a 10:30 Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC. A cargo de D. Miguel Jaque, director xerente de CENATIC.
  • 10:30 a 11:00 Experiencia do proxecto ABALAR. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • 11:00 a 11:30 Experiencias de internacionalización de empresas FLOSS galegas.
  • 11:30 a 12:00 Declaracións a medios de comunicación.

Os interesados en asistir a esta xornada deben confirmar asistencia na dirección de mail ocfloss@xunta.es. Aforo limitado.

Mapa de acceso á Cidade da Cultura

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal