Mancomún

Xornada de traballo sobre a Implantación de SwL na PEME galega

Luns, 10 Novembro 2008

DVD da PEMEA Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún, convida ao empresariado TIC a participar nunha xornada de traballo sobre a Implantación de solucións libres para a PEME galega.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 13 de novembro de 2008 coa seguinte axenda:

  • 16:00 – Presentación do evento a cargo de Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
  • 16:45 – Demostración do prototipo da Intranet da PEME.
  • 17:00 – Sesión de traballo co empresariado TIC.

Por motivos de aforo requírese que as empresas interesadas en asistir o notifiquen mediante un correo electrónico a eventos @ mancomun . org antes do día 11 de Novembro para poder confirmarlles a asistencia.

 
Como xa anunciabamos hai un par de semanas, o obxectivo desta xornada de traballo é acadar que o DVD – Ferramentas Informáticas para a PEME sexa unha ferramenta verdadeiramente útil e eficaz para a implantación do Software Libre na PEME galega. Para isto quere contarse coa información de primeira  man, que poden achegar os implantadores de SwL galegos,  sobre se as aplicacións actuais do DVD responden plenamente ás necesidades da peme galega así como recoller as súas propostas sobre aplicacións candidatas a seren desbotadas ou cales deberían incluírse.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal