Mancomún

Xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación

Venres, 7 Marzo 2014

Cartel da xornadaO vindeiro mércores 26 de marzo ás 10:45 horas, terá lugar no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo unha interesante xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación así como a importancida do uso dos estándares abertos.

Aínda que esta xornada está inicialmente organizada no ámbito universitario, está aberta ao público en xeral polo que animamos a asistir a todo o que poida así como a contribuír á súa difusión, co fin de chegar ao maior público posible.

Esta xornada é organizada por GALPon con motivo do Día Internacional da liberdade dos Documentos (DFD) e para contribuír a acadar os obxectivos que persegue este celebración. O DFD é unha iniciativa a nivel mundial promovida pola Free Software Foundation Europe que se celebra o derradeiro mércores do mes de marzo co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e estándares abertos.
A importancia do uso de estándares abertos é cada día de maior relevancia para garantir a interoperabilidade e evitar a dependencia tecnolóxica cun único provedor. É dicir, garantir que calquera pode acceder, ler ou editar un documento sen necesidade de adquirir unha aplicación particular. A modo de exemplo, lembrar que recentemente falamos sobre a iniciativa do goberno do Reino Unido para establecer o ODF como estándar de obrigado cumprimento para toda a súa documentacion.

O programa da xornada do mércores é o seguinte:

  • 10:45 horas:A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación” Ponencia impartida por D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez (@pisicobyte_), técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada. Falará sobre a o Copyleft e as licenzas libres, a cultura libre e a ciencia aberta, sobre por que deberían empregarse licenzas libres e achegará unha receta rápida para liberar traballos. Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores … e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.
  • 12:00 horas: Debate aberto sobre a tese da ponencia no que participarán:
    • D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
    • D. Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, Universidade de Vigo
    • D. Juan Victor Rodríguez Arós, Xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Xunta de Galicia.

En paralelo a esta xornada, os voluntarios do Gruvi e técnicos da Oficina de Software Libre do CIXUG realizarán un obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo). O horario do obradoiro será de 11:00 a 14:00 horas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal