A Asociación de empresas de Software Libre de Euskadi organiza o próximo 26 de xuño no parque tecnolóxico de Zamudio unha xornada gratuíta sobre o modelo de negocio do Software Libre co obxectivo de “dar a coñecer os novos modelos de negocio baseados no Software Libre, asi como o impacto producido pola aparición do Software Libre no sector industrial do Software”. Máis próximo, dentro de dous días, o 29 de maio, a propia ESLE e a SPRI presentarán o repositorio de Software Libre de ESLE, que conta a día de hoxe con 16 proxectos, aínda que aspira a aloxar a moitos máis…
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
